top of page

Presentación deste sitio nas XIII Xornadas Interxeracionais Rurais

O vindeiro día 03 de Xuño de 2017, no local da Casa- Escola de Cabreiros no Chao, contra ás 19:00 h, teremos a responsabilidade de presentar esta iniciativa que conduciu a realizar esta páxina web da Casa da Neveira de Lousada.

En palabras da organización do evento

" Trátase dunhas xornadas que van dirixidas fundamentalmente aos nosos maiores e nas que queremos ofrecerlles charlas, presentacións de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Pero tamén se trata dunhas xornadas pensadas para que mozos e maiores poidan desenvolver un traballo conxunto, xa que un dos grandes desexos e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida. Para iso estamos ante unhas xornadas abertas nas que queremos contar cos máis novos. Así mesmo, pretendemos ofrecer actividades aos maiores que lles permitan seguir aprendendo cousas que poidan resultarlles útiles e interesantes."

Comezar este proxecto nun contexto coma este, que pon os medios para que maiores e novos atopen espazos de intercambio de ideas, información e puntos de vista, é verdadeiramente unha honra e unha oportunidade perfecta para que este sitio poida axudar a que o Proxecto da Casa da Neveira de Lousada, en tanto que proxecto aberto á participación interdiscliplinar e que ano a ano irá recibindo participantes e visitantes de calquera parte do mundo, comece a converterse tamén na Casa da Neveira de Galicia.

Mais información sobre as Xornadas no sitio web oficial da Asociación de Veciños de Cabreiros

http://cabreiros.es/

Posts Destacados
Posts Recientes
Búsqueda por tags
Síguenos
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page