top of page
Araña, Misumena vatia e Centaurea N.
Vaca
Rá verde galega
Escarabello da bostarega
Sapexa. Sapiño parteiro.
Vívora negra. Vívora cantábrica
Libeliña. Femia de Aeshna c.
Zampexa dos regos. Rá Ibérica

No que atinxe ás poboacións de animais da contorna, son tamén moitas as implicacións culturais que se poden establecer. Do mesmo xeito que acontece cas cuestións botánicas, baixo esta etiqueta agruparemos temas que permitan ver e reflexionar sobre aspectos habitualmente pouco transitados da fauna, e que a sociedade actual non ten precisamente en primeiro plano. As dimensións míticas de certos animais, o seu rol no imaxinario popular e a súa condición de actores dentro do espectáculo da cultura son temas clásicos da etnografía galega e mundial. Por suposto, a parroquia de Lousada tampouco é allea a esta dinámica e participa con voz propia nesta construción coral. Unha realidade da que aquí se pretende, apenas, deixar constancia. Noutras entradas achegaremos imaxes ou documentos sen mais pretensión que a ilustración da realidade da existencia dun interesante sistema relacións entre os seres vivos que manifeste que igual que sucedeu no pasado ca vella sociedade, a sociedade actual pode e mesmo debe estruturar ó redor dese sistema un novo conxunto de valores e significados. É dicir, igual que acontece cos restos da Neveira de Lousada, compre dotar dun sentido no presente a aquilo que herdamos do pasado.

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page