top of page

Caderno da neveira

Baixo desta bitola achegaremos imaxes que permitan realizar unha apropiación sentimental das paisaxes da parroquia de Lousada. Toda imaxe ó é. Tanto para quen a produce como para quen a consome. Sempre é un acto de lícita apropiación moral que fai doado un proceso que sempre lle compre a toda cultura: a implicación e a complicidade. Por elo tamén, agradecemos toda apropiación moral e, dende agora, negamos as apropiacións maliciosas das imaxes dos sitio. Todas teñen propietario. Pedimos, pois que se cite á orixe das mesmas no caso de reutilizalas, cousa que agradecemos. Se a socialización senta as bases na nenez – é cousa sabida, a verdadeira patria é a infancia – a súa actualización é unha condición sen a cal as culturas esmorecen. Que non esmoreza a nosa é tarefa colectiva que implica complicidade. Neste caso resulta mais importante participar que crer. As imaxes deste álbum queren dar a cheda nesa dirección. En breve iremos subindo imaxes da mellor calidade que nos sexa posible, en substitución das seguintes...

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page