top of page

Representar o mundo é unha antiga aspiración humana. Condensalo para que sexa intelixible. Facelo noso, na medida do posible e, durante o proceso, interpretalo. Eis os mapas, que ademais da súa utilidade práctica serven tamén á nosa necesidade de rodeármonos de símbolos. Un territorio sen mapas resulta desacougante, inhumano, abstracto. Por iso mesmo pretendemos ir colocando neste sitio os mapas da contorna; mapas temáticos que indiquen puntos de interese, as rutas e os temas que lle dan sentido e as xustifican. Representacións gráficas dos contidos, infografías e outras sínteses gráficas.

bottom of page