top of page

A Casa da Neveira de Lousada.

Unha aventura nos alicerces da modernidade

A creación dun Museo do Frío é outro dos obxectivos que quixéramos acadar a medio prazo. Un lugar no que se vexan representadas e interpretadas esta e outras neveiras, e onde se poida comprender mellor tanto os edificios como o conxunto de actividades produtivas relacionadas, os métodos de distribución, o contexto social que facía posible a viabilidade das neveiras, a historia do clima na escala local e global, os oficios e os utensilios aparellados, etc.

Imaxinamos, inda, este sitio como un espazo aberto froito dunha construción colectiva que dea servizo tanto ós intereses locais como a aqueles de meirande alcance.Traballamos a prol da creación dun centro de referencia dende as perspectivas antropolóxica, etnográfica e histórica  que, dende Lousada e Xermade, poida poñer ó alcance das persoas interesadas a posibilidade de achegarse a coñecer mais sobre os amplos contidos accesibles na contorna local e arredores. Unha iniciativa que sexa punto de encontro de divulgadores e público ben disposto a ampliar os seus coñecementos.

O Camiño Real.
Neveira de Labrada
Na beira do Camiño Real.
bottom of page