Mazos, moas e batáns, ademais de muiños, e outros singulares edificios acompañan á neveira de Lousada tanto na parroquia como na contorna, tal como vimos. Todos eles son moito mais que a súa mera realidade material actual, xa que ante todo, son elementos de identidade local fraguados na historia. Este proceso xenético, obviamente insustituible, é un patrimonio que enriquece as terras de Lousada xa que se fose reincorporado ó ciclo económico local, restaurado e reciclado como conxunto de interese, achegaría de novo un complemento económico que faría posible a súa conservación e estudo da mellor maneira posible, isto é, poñendo de novo en explotación estes recursos dentro dun plan de conxunto e orientados á realidade actual que xa non demanda mazar, aguzar, abatanár ou moer, senón que demanda contidos que podermos experimentar e vivir.