top of page

A Casa da Neveira de Lousada.

Unha aventura nos alicerces da modernidade

Ferro e carbón son dous elementos que moitas veces, na súa condición de produtos das serras e montañas, acompañaron ás paisaxes culturais da neve. Na serra da carba e nos altos da Garrona e as valgadas como a de Folgoso, o ciclo produtivo destes recursos compleméntanse entre si para ofrecer unha singular perspectiva da relación das xentes e a natureza que os acolle. O éxito destas interaccións está sempre mediado polo desenvolvemento dunha cultura que sexa quen crear un sistema que estruture os procesos e permita a súa xestión no tempo e no espazo. Unha cultura que dea sentido ós sitios, lugares e  paisaxes. Unha construción social dunha realidade complexa que, xusto por iso mesmo, resulta operativa e permanente.

As manifestacións desta permanencia poden ser de varias castes. A presenza de restos de construcións, ruínas, as pegadas de estruturas e outros vestixios, son fitos que achegan información valiosa sobre a transformación das relacións humanas. Os elementos inmateriais viaxan no tempo en forma de memoria, persoal ou colectiva, e moitas veces codifican ou encriptan un discurso que da conta mais ou menos parcial dunha determinada visión do mundo. Tamén as paisaxes mesmas, cas sucesivas e pode que repetitivas, intervencións das comunidades que as transforman e mesmo as crean, deveñen testemuña viva daquelas manifestacións. Así, “escritas”de xeito xeralmente involuntario nesta serra, fican as pegadas que poden dar conta do que foi a explotación carbón vexetal e do ferro a partires dos montes e fragas. O ciclo produtivo dende a foia na terra até a moa de aguzar ferramentas, pasando entre outros polo crabuñado destas, serán temas a desenvolver ó longo desta iniciativa.

Escoura na fraga.
Aprendendo na ruta do Batán
Escoura de ferro
Atendendo a Israel Picón, arqueólogo
De ferro, escouras e carbóns
Vicente Pernas e Israel Picón
Co grupo de 2015

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page