top of page

No ano 2012 a empresa A Citania Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio, por encargo do concello de Xermade, desenvolveu unha serie de traballos arqueolóxicos que permitiron coñecer mellor o pasado da explotación do carbón vexetal e do ferro na antigüidade da parroquia de Lousada. Como consecuencia daquela intervención hoxe temos a Ruta do Batán que os camiñantes percorren á beira do río até acadar a aldea de Folgoso, logo de teren visitado varios antigos enxeños hidráulicos entre os que destaca o Batán de Folgoso, de propiedade privada, nun excepcional estado de conservación malia que ameazado polo desleixo e abandono. O camiño descorre baixo a frondosa carballeira autóctona na que medran, senlleiros, algúns dos exemplares mais monumentais da contorna desta parte da cunca do Eume.

As datacións realizadas pola empresa A Citania, sobre carbóns atopados en contexto, indican que durante un milenio, cando menos, houbo unha produción sostible de ferro e carbón nesta área. Actualmente, os veciños e veciñas da contorna celebran cun xantar popular aquela iniciativa. A idea de investigar o pasado da Casa da Neveira, o seu significado e magnitude no contexto histórico, naceu de resultas e pouco a pouco callou como o proxecto de cooperación internacional e multidisciplinar que é hoxe en día. 

Primeiros pasos na Neveira
Traballo na Neveira
O Grupo en Cabreiros
No Casal
Na ruta do Trimaz
Breo e Pantani
Na casa de Pepa a Loba
No cimo da Pena Goía
No Ares.
O equipo de arqueólogos

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page