top of page

As seguintes páxinas abordan de xeito monográfico as cuestións relacionadas co medio natural no que se integra a Neveira. Como resulta evidente, este transcende tanto á Parroquia de Lousada e tamén a outros contextos. A realidade das interaccións no medio natural, os seus condicionantes e requisitos de viabilidade farán que, tal como facemos no resto deste sitio, en moitas ocasións enfoquemos os contidos dende o punto de vista das conexións que os elementos presentes na contorna inmediata da Neveira de Lousada, teñen con outros cos que están relacionados. Esta perspectiva permite observar como, efectivamente e malia a diminuída realidade material actual do vello edificio da neveira da Serra da Carba, a súa “sombra” pode ser moi alongada.

 

 

Deste xeito, veremos como nos arredores existe un medio inda diverso e rico en elementos de grande interese natural. Actualmente, a principal industria potencial dun área non industrial é a desindustrialización mesma. A xestión dunha combinación de patrimonio natural ben dotado, e un patrimonio histórico artístico ben conectado inda cas manifestacións inmateriais da tradición local, poden ser unha receita de éxito cando se trata de promover un desenvolvemento sostible e que xere un axeitado reparto de rendas sobre a economía local. Se isto se produce a carón de áreas industriais e urbanas, como é o caso, as posibilidades de este tipo de desenvolvemento inzan notablemente.

Nesta etiqueta iremos fiando ó redor dos pequenos e grandes tesouros naturais da contorna. Este haberá de ser, tamén, outro facho aceso que guíe cara Lousada e arredores, tanto de xeito virtual como convencional, ás persoas e colectivos interesados no coñecemento do medio natural e as posibilidades de aprendizaxe, goce e experimentación que del derivan.

Pedregal de Irimia
Monumento a Irimia
Teixos de Cabreiros
Castro da Cal Grande
Ponte sobre o Eume. Caaveiro
Parque Nal. Fragas do Eume
Museo Celso Dourado
Praia de Augas Santas
Ribadeo
Museo Arqueolóxico de Lugo
Muralla de Lugo
Casad e Pepa a Loba
As Pontes de García Rodríguez
Sotavento: Parque Experimental
Muralla de Lugo: Porta de Santiago
Fortificación de O Castrillán
Capela do Reguengo. Cabreiros.
Mosteiro de Caaveiro
Ábside de Caaveiro

A Casa da Neveira de Lousada.

Unha aventura nos alicerces da modernidade

  • Facebook Social Icon

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page