top of page

N este apartado, abordaremos a exposición das crenzas, os contidos míticos e os ritos que teñan relación ca Neveira de Lousada. O repertorio de crenzas, mitos e ritos dun grupo constitúe unha sorte de realidade aumentada; unha estratexia cultural orientada a fixar, compactar e polarizar a unidade de acción dunha comunidade concreta. Cando dentro de cada sociedade, as persoas miran cara algún elemento cultural perciben moito mais que o elemento en si mesmo. Perciben os estratos de valor engadido depositados no pasado en forma de tradicións e outros contidos. Cada xeración vai engadindo material cultural e actualizando o recibido. A paisaxe local vaise construíndo colectivamente e afirmándose como unha paisaxe emocional; unha escena coral que interpela a cada paso a quen sabe interpretala. Un panorama tecido comunalmente onde cada nome de finca, parcela, lugar, praza, eido, casa, horta, capela, etc, remite a unhas circunstancias nas que conviven os planos dos feitos, dos sucesos mitificados e dos mitos acontecidos, en todas as  gradacións destas coordenadas.

​

​

 

 

 

 

Trataremos, pois, das lendas, contos e ditos recollidos na contorna; mais tamén dos feitos por medio dos cales o contexto da Neveira, nomeadamente a parroquia de Lousada, resulta “amplificado” e ela mesma proxectada dalgún xeito cara ámbitos mais amplos que serven para que a súa imaxe adquira meirande definición e a súa memoria cultural contribúa á creación dun presente cun mellor porvir.

Neste sitio tamén colocaremos videos e audios, ademais de imaxes.

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page