top of page

Son moitas as cuestións de interese botánica que pretendemos desenvolver e expor á común consideración pola súa relación co proceso de comprensión da Neveira de Lousada. En sucesivas entradas, especialmente nas do noso blog da Neveira, enfocaremos os temas relacionados con esta etiqueta dende o punto de vista das conexións entre os vexetais e a cultura.

 

 

 

 

 

 

 

 

Así, introduciremos asuntos como o da súa función ou uso como amuletos, menciñas, creación de estruturas etc. Un dos mais senlleiros exemplos neste sentido é o da importancia dos teixos de Lousada, onde até hai unhas décadas ficaba o que debeu ser un dos teixos mais monumentais de toda a Península Ibérica. Estenderémonos sobre a súa peripecia e comprobaremos como a súa dimensión cultural permítelle transcender ós avatares que o fixeron desaparecer do plano material e incorporarse a unha sorte de existencia mítica actualmente en pleno proceso de xestación. Outros teixos da parroquia son o transfundo de episodios culturais de máximo nivel dentro do contexto da cultura galega. Será, como todo neste sitio, ca imprescindible colaboración que nos ofrece a xente desta parroquia e do Concello de Xermade, como poidamos elaborar contidos de longo alcance. Propoñer relacións entre elementos aparentemente inconexos, tirar do fío para tentar apañar o nobelo. Noutros casos, simplemente, e a beneficio de inventario, indicaremos as circunstancias da existencia de certas comunidades, poboacións ou exemplares, de plantas singulares por algún motivo. Tamén pode ser o caso inverso, cando nos refiramos ás singularidades ou circunstancias pouco divulgadas de elementos botánicos que resulten abondosos e mesmo comúns..

Teixo localizado en 2015
Teixo en Teixido de Arriba
Brión na Ruta do Batán
Arandos
Sangubiño
Urce
Flor da urce
Toxo
Xardón
Fento (Osmunda regalis)
Xunca
Orquídea
Sanxoana
Estrela, Sempreviva.

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page