top of page

O Camiño Mondoñedo – Ferrol

A Neveira é incomprensible sen o Camiño Mondoñedo – Ferrol. Xurde ó carón desta ruta e por elo resulta imprescindible a existencia desta pestana, na que se achegarán datos ó respecto. Por extensión, e posto que os camiños tamén teñen fundamentalmente un dimensión histórica, tentaremos contribuír dende aquí ó coñecemento e divulgación da realidade diacrónica do camiño. Tampouco esqueceremos a utilidade da perspectiva complementaria, sincrónica, para ver a súa importancia relativa no espazo e nos tempos.

Os camiños son moitas veces asimilados a “arterias”. Por eles circula, si, a vitalidade das sociedades. A súa importancia depende da intensidade do seu caudal de mercadorías, viaxeiros, peregrinos, ideas. En función deles os espazos de influencia cultural esténdense cara outras áreas. Os camiños poden ser importantes por estes motivos e tamén por outros mais intanxibles como no caso das rutas que levan cara outros mundos ou mesmo cara o Alén. Poden estar en terra ou no mar. Poden, actualmente, ir polo aire e comezan a establecerse os que nos conecten no futuro con outros planetas.

As persoas xurdimos porque camiñabamos. Levámolo facendo dende o principio dos nosos tempos. Somos quen somos porque vimos dun lado imos para outro, e todo ten acontecido nos camiños. Este será sen dúbida un dos temas mais activos deste programa de interpretación e divulgación cultural.

DSC_0044
DSC_0149
DSC_0086
DSC_0157
bottom of page