top of page

Non son poucos os documentos que achegan información interesante sobre a Lousada de finais do Antigo Réxime, axudando así a recrear unha imaxe, mais plausible que exhaustiva - é dicir, mais operativa que exacta – do contexto local da Casa da Neveira. En sucesivas entradas do blog analizaremos varias destas fontes e outras, que si ben non remiten directamente á parroquia de Lousada ou á súa neveira, si que achegan datos relevantes para entender o funcionamento desta explotación dentro da sociedade da época.

Así, mediante estas indicacións e a transcendental información achegada polas xentes de Lousada e as demais parroquias de Xermade, mailo concurso dos elementos do patrimonio inmaterial e moitas veces o material, presentes na zona, tentaremos compoñer unha imaxe dan definida como sexa posible do significado e importancia da Casa da Neveira, entendido como testemuña dun tempo e dun espazo físico cuxa memoria permite hoxe relativizar e repensar o noso presente como sociedade.

O Antigo Réxime en Galicia.

Baixo esta denominación fica comprendido un amplo período de abrangue os séculos XVI, XVII, XVIII e, cando menos a primeira metade do XIX. Un amplo período, pois, da cabalo entre as estruturas feudais e aqueloutras propias da industrialización, a creación dos estados de corte liberal e o capitalismo de finais do século XX.

.

Casa de Pepa a Loba
Camiño Real Mondoñedo-Ferrol
Muiño na Ruta do Batán
Diante da Casa de Pepa a Loba

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page