A explotación mercantil da neve e o xeo, tal como se irá tratando nesta páxina e blog, depende, para latitudes e emprazamentos concretos, das manifestacións variables dun determinado patrón climático. Isto fai que esa actividade estea suxeita a vicisitudes e riscos. Co gallo de minimizalos cada neveira resposta a unha estratexia concreta de emprazamento dentro dun panorama que debe de ter en conta e optimizar factores como a proximidade ós camiños de distribución, ós centros de consumo, ás expectativas de subministro de neve e ás condicións de conservación, entre outros. Todo elo constitúe unha resposta fronte ós desafíos do clima que, por exceso ou por defecto, poden introducir mais inestabilidade da que pode ser asumida polos promotores e xestores da actividade económica. O estudo neste sentido da Neveira de Lousada, mediante a arqueoloxía, a consulta da documentación histórica, e a prospección etnográfica - sobre todo se se comparase con outro tanto feito noutras neveiras galegas – achegaría datos interesantes sobre o clima en tanto que realidade dinámica e xa que logo dotado dunha dimensión histórica..