top of page

Xestos dunha cultura.

A Parroquia de Lousada é un lugar moi especial, por moitos motivos. Tantos e interesantes, que consideramos que merece por dereito propio consumir os folgos que sexa precisos para transmitir e divulgar esta singularidade.

Galicia contén moitas “Lousadas”, moitas Terras e Parroquias tan importantes e singulares que ben merecerían esforzos equivalentes. Sirva, pois, o caso de Lousada como exemplo e resumo desta realidade; síntoma evidente dun potencial que agarda mellor destino.

Neste modesto vídeo, o sr. Eugenio e mailo seu fillo Nito amósannos a forza e a autenticidade que reside no interior dos xestos caseños. Cousas miúdas sobre as que se mantén en pe calquera cultura; calquera imperio. Moitas destas accións, lamentablemente, son xa apenas “materia de museo”, escenas dun mundo cotiá que compre documentar e compartir. É por elo que inauguramos con esta entrada o noso “Museo Galego dos Xestos”, en colaboración ca Sociedade Antropolóxica Galega SAGA.

Posts Destacados
Posts Recientes
Búsqueda por tags
Síguenos
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic

©Miguel Losada 2016. ©2016-2020. Miguel Losada. All rights reserved. Vostede pode explorar e difundir todo o contenido presente neste sitio sempre e cando respecte a autoría orixinal que sempre deberá ser debidamente citada cando dito material gráfico, de deseño, textual ou doutra caste actúe como fonte para outros usos de calquera caste. Non dubide en contactar sempre que precise parte dos contidos dispostos neste sitio. Queda permitido visualizar todo o contido presente neste sitio mediante calquera navegador web, así como gardar unha copia do mesmo na memoria caché deses navegadores. Queda permitida a impresión, dixital ou física, das páxinas deste sitio sempre que esa acción non teña unha finalidade comercial e si educativa, privada ou  divulgativa. En calquera caso é obrigatorio citar ou expresar a fonte orixinal desas apropiacións. Solicite permiso escrito para calquera outra clase de uso.   

© Copyright
bottom of page